Hai unhas cantas semanas falámosvos do Crosscall Trekker X4, un terminal todoterreo que puidemos ver no pasado Mobile World Congress e que, sen dúbida, é unha das mellores alternativas para aquelas usuarias amantes das aventuras.
Para sacarlle todo o proveito o fabricante ofrece toda unha gama de accesorios que permiten desde aumentar a súa autonomía ou memoria a sacar as mellores fotografías ou vídeos. Ademais, como xa temos comentado, dispón de conexión magnética X-LINK TM, que ofrece unha transmisión de datos e enerxía rápida e sinxela.

O primeiro destes accesorios é o arnés de peito X-CHEST, grazas ao cal podemos colocar o smartphone para gravar todas as experiencias, como unha baixada en bicicleta ou con esquís, xa que estamos ante o primerio smartphone considerado “cámara de acción”. Custa 49,99 euros.
Doutra banda temos o accesorio X-MEMORY, unha pequena “pila” do tamaño dunha moeda de 2 euros que permite expandir a memoria mediante tarxetas microSD de até 128 GB. Custa 24,99 euros e conectalo é tan sinxelo como situalo sobre o imán do X-LINK TM.

Nunha lista de accesorios non podía faltar un pau de selfies, como o X-STICK, que fai a súa vez de trípode para adaptarse a calquera circunstancia na que queremos ter un recordo en forma de fotografía. O seu prezo é de 59,99 euros.
En canto ás opcións para aumentar a autonomía temos, dunha banda, a batería X-POWER, que aporta enerxía extra para completar a aventura, mentres que por outro lado Crosscall tamén ofrece a base X-DOCKpara cargar o trebello na casa ou na oficina. A batería custa 34,99 euros, mentres que o dock ten un PVP de 39,99 euros.

Xa por último, Crosscall elaborou soportes magnéticos tanto para o coche (X-CAR) como para a bicicleta (X-BIKE), ambos os dous de conexión rápida e segura, para poder facer uso do GPS en calquera circunstancia. A versión para o coche custa 49,99 euros, e a de bici 29,99 €.