Lowi engade as liñas adicionais á súa oferta converxente

Lowi, a marca de baixo custe de Vodafone, vén de anunciar o lanzamento do seu servizo de liñas adicionais, grazas ao cal as usuarias dos produtos converxentes da caompañía poderán aforrar uns euros se teñen máis dunha liña móbil contratada.

A compañía permite contratar até dúas liñas adicionais, con descontos que poden chegar ao 6 euros ao mes por liña. En concreto, ofrecen tres alternativas para estas liñas:

  • 3 GB + chamadas 0 cént/min por 3,95 € (3 € de desconto)
  • 12 GB + 150 minutos por 8,95 €/mes (6 € de desconto)
  • 23 GB + ilimitadas por 15,95 €/mes (4 € de desconto).

As usuarias actuais que xa dispoñan de máis dunha liña móbil contratada na súa tarifa converxente poderán cambiar estas segundas liñas por liñas adicionais a partir do mes de abril.

Finalmente, como promoción de lanzamento, todo o mundo que contrate algunha liña adicional antes do 15 de abril poderán disfrutala de balde até o 30 de abril.

Sobre o autor

Reply