Samsung vén de anunciar o lanzamento do novo Galaxy A70, un smartphone da familia Galaxy A que destaca especialmente pola súa gran pantalla, ademais de por incorporar a triple cámara traseira e unha autonomía superior ao que nos ten acostumados o fabricante surcoreano.
O Galaxy A70 leva unha pantalla Infinity-U (é dicir, furada na pantalla para a cámara frontal) de 6,7 polgadas, a máis grande dentro do ecosistema Galaxy A até o día de hoxe. Ten un ratio de 20:9 para facilitar o seu agarre e unha resolución FHD+ (2400 x 1080).
No seu interior integra un procesador de oito núcleos (dous a 2 GHz e seis a 1,7 GHz), que están acompañados de 6 GB de RAM e 128 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 512 GB.
No apartado fotográfico temos unha cámara frontal de 32 megapíxeles con f/2.0, mentres que na traseira temos a combinación de tres cámaras: a principal é de 32 con f/1.7 megapíxeles, á que hai que sumar unha lente de profundidade de 5 Mpx para o enfoque (antes ou despois de tirar a foto) e un gran angular de 8 megapíxeles que consegue o mesmo ángulo de visión ca o ollo humano.
Da serie S10 herda o optimizador de escenas, capaz de recoñecer e mellorar intuitivamente até 20 escenas diferentes, ofrecendo a mellor imaxe posíbel sen complicacións. Por último, integra o escáner de pegadas dixitais baixo a pantalla, e a súa batería é de 4500 mAh de capacidade, conn de carga últrarrápida de 25W
Dispoñibilidade e prezo
O novo Samsung Galaxy A70 chega en catro cores (coral, azul, negro e branco), mais polo de agora non se sabe nin o seu prezo nin a data na que se poderá mercar. Con todo, Samsung emprázanos ao 10 de abril, cando dará a coñecer máis detalles da serie Galaxy A.