SPC Lightyear, unha nova tablet para o segmento infantil

O fabricante de dispositivos conectados SPC vén de lanzar unha nova tablet, desta vez dirixida ao segmento infantil. Trátase da SPC Lightyear, un modelo de 8 polgadas que chega ao mercado en dúas cores chamativas (azul e rosa) e cunhas características básicas.

O trebello está equipado cun procesador de catro núcleos Cortex A35 a 1,3 GHz, e dispón de 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD. As súas cámaras son sinxelas, sendo a principal de 2 Mpx e a frontal tipo VGA.

Como xa avanzamos, a pantalla é de 8 polgadas, sendo un panel IPS con resolución 1280 x 800 píxeles. A súa batería é de 3500 mAh de capacidade, e en canto ás opcións de conectividade, a SPC Lightyear vén con WiFi 802.11 b/g/n e Bluetooth, na súa versión 4.0

En canto á dispoñibilidade, a nova SPC Lightyear pódese mercar desde este momento por 89,90 €, un prezo bastante acaído para un dispositivo destas características.

Sobre o autor

Reply