Oppo deixa ver unha das variantes do Reno na súa propia tenda

Oppoaproveitou o Mobile World Congress para comezar a quentar motores de cara o que será o seu próximo lanzamento, o do seu buque insignia Oppo Reno. Este modelo contará, como xa se anunciou, dunha cámara con zoom x10 sen perdas como un dos seus principais reclamos.

Porén, esta non será a única característica a destacar do novo modelo da compañía, que vén de filtrar unha das súas variantes – a máis ambiciosa – na súa tenda online. Polas imaxes podemos ver que Oppo quere seguir afastándose do notch (e as novas solucións infinity-O) cunha pantalla verdadeiramente infinita, como xa vimos no Find X, para o cal empregará novamente a solución da cámara frontal retráctil con forma de aleta de tiburón.

O novo dispositivo virá equipado, salvo sorpresa, co procesador Qualcomm Snapdragon 855, coas opcións de 6 + 128 GB ou 8 + 256 GB, para RAM e memoria interna, respectivamente. Ademáis disporán de NFC, unha característica que está a cobrar moita importancia no noso país polo auxe dos pagos móbiles.

A presentación oficial do novo Oppo Reno está prevista para o próximo 24 de abril en Europa, aínda que o día 10 será anunciado na China, polo que xa teremos información oficial de todas as súas prestacións.

Sobre o autor

Reply