Samsung presentou hoxe de maneira oficial a súa nova familia Galaxy A co lanzamento de tres novos modelos de smartphone (A20e, A40 e A80), que se suman aos previamente anunciados A10, A50 e A70. Trátase da reinvención dun segmento de prezo no que a compañía tiña perdido moito espazo ao non poder competir coas alternativas chinesas, nomeadamente Xiaomi e Huawei, e a súa política de prezos baixos.
Con estes seis modelos, Samsung ofrece ás usuarias elixir o teléfono que máis se axusta ás súas necesidades e tamén ao seu presuposto, xa sexa elixindo o tamaño de pantalla ou a cámara, e todo iso mellorando a xestión da batería para aumentar a autonomía dos trebellos.
Galaxy A20e
O Galaxy A20e conta cunha pantalla Infinity-V (é dicir, con “pinga”) de 5,8 polgadas, e leva 3000 mAh de capacidade de batería, equipada con funcionalidades de carga rápida.
Galaxy A40
Pola súa banda, o Galaxy A40 está destinado ás persoas que buscan un teléfono compacto sen renunciar á experiencia de visualización nin á perda de rendemento.
A súa pantalla é Infinity-U de 5,9 polgadas, ofrecendo unha experiencia visual cómoda ao sostela na man; a súa resolución é FullHD+. No apartado fotográfico atopámonos con que conta cunha cámara dual que permite facer fotos de gran angular de até 123 graos, e unha frontal de 25 megapíxeles.
Galaxy A80
Por último, o Galaxy A80 incorpora unha cámara reversíbel, sendo a primeira vez que Samsung aposta por esta solución. A súa pantalla é de gran formato, 6,7 polgadas, e leva resolución FHD+. Combinada co son envolvente Dolby Atmos, ofrece unha experiencia multimedia moi interesante. A súa batería é de 3700 mAh.
Unha nova familia Galaxy A
A continuación comparamos como queda toda a serie Galaxy A de Samsung tras a presentación dos modelos anunciados onte:
A80 | A70 | A50 | A40 | A20e | A10 | |
Pantalla | 6.7 polgadas FHD+ (1080×2400) Super AMOLED | 6.7” FHD+ (1080×2400) sAMOLED | 6.4” FHD+ (1080×2340) sAMOLED | 5.9” FHD+ (1080×2220) sAMOLED | 5.8” HD+(720×1,560) TFT | 6.2” HD+ (720 x 1520) |
Infinity Display | Infinity-U | Infinity-U | Infinity-U | Infinity V | Infinity V | |
Tamaño | 165.2 x 76.5 x 9.3mm | 164.3 x 76.7 x 7.9mm | 158.5 x 74.7 x 7.7mm | 144.3 x 69.0 x 7.9mm | 147.2 x 69.5 x 8.3mm | 155.6 x 75.6 x 7.9mm |
Deseño | 3D Glass + Marco de metal | 3D Glasstic | 3D Glasstic | 3D Glasstic | Plastic Unibody | Plastic unibody (Glossy) |
Procesador | Octa (2.2GHz Dual + 1.7GHz Hexa) | Octa (Dual 2.0GHz + Hexa 1.7GHz) | Octa Core (2.3GHz + Quad 1.7GHz) | Octa Core (Dual 1.8GHz + Hexa 1.6 GHz) | Octa(Dual 1.6GHz+Hexa 1.35GHz) | Octa (Dual 1.6GHz+Hexa 1.35GHz) |
Cámara Frontal | Cámara rotativaPrincipal:48MP(F2.0)+8MPPanorámica:8MP, F2.2 (123°)3D profundidade | 32MP, F2.0 | 25MP FF (F2.0) | 25MP FF (F2.0) | 8MP (F2.0) | 5MP (F2.0) |
Cámara Principal | Principal:32MP, F1.7 Panorámica:8MP, F2.2 (123°) Profundidade:5MP, F2.2 | 25MP AF (F1.7) + 5MP FF (F2.2) + 8MP FF (F2.2 | 16MP (F1.7) + 5MP (F2.2) | 13MP (F1.9)+5MP(W) (F2.2) | 13MP (F1.9) | |
Memoria | 8 GB RAM128 GB de almacenamento interno | 6 GB / 8 GB RAM128 GB de almacenamento interno, e até 512 GB con Micro SD | 4 / 6 GB RAM64 / 128 GB de almacenamento interno, e até 512 GB con Micro SD | 4 GB RAM64 GB de almacenamento interno, e até 512 GB con Micro SD | 3 GB RAM32 GB de almacenamento interno | 2 GB RAM32 GB de almacenamuento interno |
Batería | 3,700mAh | 4,500 mAh | 4,000 mAh | 3,100 mAh | 3,000mAh | 3,400 mAh |
Outras características | Lector de pegadas en pantalla, Carga ultra rápida de 25W1Samsung Pay2, | Lector de pegadas en pantalla, RecoñecementofacialSamsung Pay2, | Lector de pegadasen pantalla, Carga Rápida1, Samsung Pay2, | Lector de pegadas, Carga rápida de 15W1, Bixby3 | Cámara dual, Lector de pegadsa, Carga rápida1, , Bixby3 |