Vodafone anuncia as súas primeiras tarifas ilimitadas

Vodafone continúa co seu “abril de anuncios”, e tras os cambios nas opcións de televisión vén de dar a coñecer o seu novo portfolio de tarifas nas que se inclúen tres opcións con datos ilimitados para as opcións “só móbil” e outras catro para as alternativas converxentes.

Con este cambio Vodafone simplifica o portfolio de tarifas, para que as clientas poidan estar conectadas tanto dentro como fóra de casa.

Se falamos de opcións “só móbil contamos con tres opcións:

  • Tarifa Ilimitada (40,99 €/mes). Inclúe chamadas e datos móbiles ilimitados en territorio estatal e 16 GB / mes para roaming de datos en Europa e EEUU. A “limitación” témola na velocidade de conexión, a 2 Mbps.
  • Tarifa Ilimitada Súper (45,99 €/mes). A opción “súper” mellora a velocidade de conexión a 10 Mbps e tamén aumenta até os 17 GB / mes os datos en roaming en Europa e EEUU.
  • Tarifa Ilimitada Total (49,99 €/mes). Sen dúbida é a mellor alternativa, xa que é ilimitada real a máxima velocidade 4G. Para navegación en roaming reserva 19 GB / mes.

Aquelas persoas que non precisen tarifas ilimitadas poderán disfrutar de 3 GB + Chat Pass por 19,99 €/mes ou de 6 GB + Chat Pass + Social Pass por 29,99 €/mes. Neste caso tamén terán roaming incluído en Europa e EEUU.

Produtos converxentes

Os plans converxentes estrutúranse do mesmo xeito que os produtos de móbil: tarifas de datos e voz ilimitados con dúas velocidades de fibra a escoller, enter 1 Gbps e 600 Mbps, segundo a dispoñibilidade xeográfica.

As usuarias con tarifas de datos ilimitadas poderán disfrutar de fibra a 600 Mbps por 69,99 €/mes (One Ilimitado), por 84,99 € (One Ilimitado Súper) ou por 99,99 €/mes (One Ilimitada Total). Ademais, as clientes con datos ilimitados e máxima velocidade 4G poderán disfrutar de fibra a 1 Gbps por 109,99 €/mes.

Sobre o autor

Reply