O Xiaomi Black Shark 2 chega ao noso país

Hai pouco menos dun mes Xiaomi fixo oficial a chegada dun novo smartphone, o Black Shark 2, un trebello orientado ao mundo dos videoxogos, polo que conta cunha das follas de especificacións máis interesantes a nível hardware que podemos atopar no mercado.

O trebello vén equipado cunha pantalla de 6,39 polgadas con resolución 2340 x 1080 píxeles, e no seu interior alberga o procesador Qualcomm Snapdragon 855, xunto con dúas combinacións de RAM e almacenamento interno: 8 / 128 GB ou 12 / 256 GB.

As súa cámaras son, na parte traseira, de 12 + 12 Mpx con zoom 2x, mentres que na pare de diante temos un sensor de 20 Mpx. No apartado das conexións temos USB Tipo C, NFC e Bluetooth 5.0.

A súa batería é de 4000 mAh de capacidade, con posibilidade de carga rápida, e tamén se suma á crecente listaxe de dispositivos que incorporan o lector de pegada dixital na pantalla.

Dispoñibilidade e prezo

O Xiaomi Black Shark 2, que xa estaba dispoñíbel en varios países, chega agora a Europa, e xa o podemos mercar de maneira oficial a través de Aliexpress por 549 euros, un prezo bastante atraínte para un móbil con estas especificacións.

Sobre o autor

Reply