R súbese ao carro dos 500 megas

No pasado mes de decembro R comezou a traballar na mellora de rede para aumentarlles a velocidade ás usuarias que tiñan contratado servizos de 60, 100 e 200 megas, de maneira que xa poden (ou axiña poderán, se aínda non se levaron a cabo os traballos na súa zona) gozar de velocidades de 100/10, 200/20 ou 300/30 Mbps, respectivamente.

Quedaba por saber cal sería a velocidade á que actualizarían aquelas clientas que tiñan contratados 350 / 35 Mbps, que son as que hoxe reciben boas novas. Estas usuarias pasarán a ter unha conexión de 500 / 50 Mbps.

Como sempre, o cambio vai ser gradual, xa que os traballos de mellora de rede vanse acometendo por zonas, mais a primeiros de maio estará rematado. Nalgúns casos pode que sexa necesario mudar o router, mais desde R informan de que enviarán un SMS a aquelas usuarias que teñan que facelo; para todas as demais será automático.

Sobre o autor

Reply