LG K12+, unha nova opción económica de LG

LG continúa desvelando o seu portfolio de dispositivos de gama asequíbel co lanzamento dun novo terminal, o LG K12+. Anunciado en Brasil, o novo trebello do fabricante surcoreano destaca pola súa resistencia, ao contar co certificado MIL-STD-810G, ademais de mellorar en memoria RAM e na resolución da súa cámara traseira.

Características técnicas

O LG K12+ dispón dunha pantalla TFT de 5,7 polgadas con resolución HD+ (282 píxeles por polgada), e no seu interior leva un procesador Helio P22 (oito núcleos a 2 GHz), xunto con 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 2 TB.

No apartado fotográfico temos unha cámara principal de 16 megapíxeles e unha frontal de 8 megapíxeles, en ambos casos con apertura f/2.0. A súa batería é de 3000 mAh de capacidade, dispón de WiFi de dobre banda, e Bluetooth 5.0.

Dispoñibilidade e prezo

O LG K12+ xa se pode mercar no Brasil por un prezo que ronda os 270 euros ao cambio. De momento non hai información oficial sobre a súa chegada a outros mercados, mais é bastante probábel que se anuncie nas próximas semanas.

Sobre o autor

Reply