Fíltrase un Redmi con Snapdragon 855

Os rumores que vimos escoitando desde hai semanas relativos á posibilidade de que Redmi, a submarca de Xiaomi, anunciase un dispositivo con prestacións de gama alta non ían mal encamiñados.

Agora vense de “confirmar” que este dispositivo terá o procesador estrela de Qualcomm deste ano, o Snapdragon 855, ademais de outras características que auguran un terminal bastante interesantes.

Segundo a filtración, o novo trebello terá unha cámara dianteira motorizada, o que permite aproveitar ao máximo o frontal do dispositivo. Esta sería de 32 megapíxeles, mentres que na parte traseira teríamos unha cámara triple (48 + 8 + 13 Mpx).

A súa pantalla sería de 6,39 polgadas, con resolución 2350 x 1080 píxeles, e no seu interior, acompañando o Snapdragon 855, teríamos unha RAM de 8 GB e 128 GB de almacneaxe interna.

Todo apunta a que será entre finais de maio e comezos de xuño cando este novo modelo se faga oficial. Haberá que ver tamén a que prezo sae ao mercado e se chega ao noso país de forma oficial.

Sobre o autor

Reply