Vodafone estrea as redes 5G na Coruña e Vigo

A operadora Vodafone vén de anunciar esta mañá o acendido da súa rede comercial 5G no Estado español para o próximo sábado 15 de xuño, un plan no que figuran 15 cidades, entre elas dúas galegas: A Coruña e Vigo.

A operación supón un novo fito na historia de Vodafone, xa que a compañía foi pioneira en moitos dos avances que hoxe disfrutamos, nomeadamente no lanzamento das redes 3G e 4G, ao que agora temos que sumar a chegada do 5G.

A nova rede 5G que Vodafone pon en marcha supón máis velocidade, chegando a 1 Gbps, unha latencia de menos de 5 ms, 10 veces máis capacidade e até un número de dispositivos conectados 100 veces maior, o que sen dúbida é un dos aspectos máis destacábeis se pensamos na Internet das Cousas (IoT).

O acceso á rede 5G de Vodafone estará dispoñíbel en dúas das novas tarifas ilimitadas, na Ilimitada Total e na opción converxente da mesma, Vodafone One Ilimitada Total, sen custe adicional.

Sobre o autor

Reply