Vodafone Yu lanza Fibra Yuser

Vodafone Yu vén de anunciar o lanzamento da súa nova oferta Fibra Yuser, un servizo especialmente orientado ao estudantado que busca ter unha conexión á rede fixa na casa (ou piso de estudantes) sen complicacións.

Por 30,99 €/mes durante 12 meses (a partir dese momento sube a 42,99 €/mes), as usuarias poden disfrutar dunha conexión de fibra de 600 Mbps simétricos. Ademais, resulta interesante que a oferta non ten permanencia nin cota de instalación (se a fai un mesmo, se se despraza o servizo técnico son 70 €), e permite suspender o servizo durante 3 meses ao ano.

Como beneficio adicional, as usuarias desta tarifa tamén poderán disfrutar das vantaxes de ser “yuser”, como a oferta de contidos, o acceso a concertos exclusivos, experiencias e outros sorteos.

Sobre o autor

Reply