Primeiras filtracións do Huawei Mate 30

Aínda que o protagonista de hoxe é Samsung e o seu esperado Samsung Galaxy Note 10 / Note10 Plus, a proximidade ás datas nas que Huawei adoita anunciar os membros da súa serie Mate fai que teñamos que falar da primeira imaxe do Huawei Mate 30, un modelo que seguramente vexamos a comezos de setembro.

Do mesmo xeito que nos últimos modelos lanzados pola compañía, a fotografía será a gran protagonista, cun sistema multicámara que segundo parece adquiriría a configuración circular na parte traseira, tal e como xa temos visto nalgúns modelos lanzados anteriormente por Nokia.

Así mesmo, a imaxe que se deu a coñecer tamén nos confirma a chegada da multicámara na parte dianteira do teléfono e a reincorporación do conector de audio jack 3.5 mm. Ademais, parece indiciar que tamén contará con lector de pegadas dixitais en pantalla.

En calquera caso, hai que tomar esta información con prudencia, xa que ao tratarse dunha filtración podería haber diferenzas coa

Sobre o autor

Reply