Vodafone Traveller, a nova tarifa prepago de Vodafone para turistas

Vodafone vén de anunciar o lanzamento dunha nova tarifa chamada “Vodafone Traveller”, un plan de cartón prepago especialmente deseñado para as turistas que visitan o noso país. Por 20 euros ao mes, a compañía ofrece 25 GB de datos móbiles a máxima velocidade e 150 de chamadas nacionais, así como o roaming para as viaxes por Europa e os Estados Unidos.

Ademais, e até o 30 de setembro, as usuarias de Vodafone que conten coa nova tarifa Vodafone Traveller, beneficiaranse da promoción de verán de Vodafone, que engade 10 GB de datos extra en cada renovación, ao igual que ocorre co resto de usuarias de Vodafone de prepago.

A nova tarifa Vodafone Traveller pódese completar cos diferentes “packs” de datos ilimitados incluídos en Vodafone Pass, e permite tamén disfrutar das conexións 5G aló onde estén dispoñíbeis. Polo momento, no caso de Galiza unicamente nalgunhas zonas de Vigo e A Coruña.

Sobre o autor

Reply