Así é o Nubia Z20 e a súa fórmula para evitar o notch

Nubia vén de anunciar o lanzamento dun novo dispositivo, o Nubia Z20, un trebello que destaca pola súa fórmula para evitar o notch, consistente en contar con dobre pantalla, unha na parte dianteira e outra na parte de atrás.

Como dicimos, o Nubia Z20 dispón de dúas pantallas, un panel principal frontal AMOLED de 6,42 polgadas e resolución FullHD+ (2340 x 1080 píxeles) con formato 19,5:9, e un panel secundario AMOLED HD de 5,1 polgadas (1520 x 720 píxeles).

No seu interior temos o procesador Qualcomm Snapdragon 855 con GPU Adreno 640, habendo varias combinacións de memoria RAM (6 ou 8 GB) e memoria interna (128 ou 512 GB). Se falamos de fotografía, temos unha cámara formada por 3 sensores (48 + 16 + 8 Mpx) unicamente na parte traseira, xa que os selfies farémolos coa mesma cámara ao contar con esa pantalla secundaria.

A batería é de 4000 mAh con carga rápida Quick Charge 4.0 de 27W, e as opcións de conectividade pasan por WiFi ac 2×2 MIMO, Bluetooth 5.1, Dual GPS e USB Tipo C.

Non cabe dúbida que o que máis chama a atención deste modelo é o contar con esas dúas pantallas, frontal e traseira, pero isto tamén implica contar con dous lectores de pegadas dixitais, un debaixo de cada pantalla, de maneira que poderemos desbloquear o teléfono independentemente de como agarremos o teléfono.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Nubia Z20 chega ao mercado chinés o 16 de agosto en tres cores (negro, azul ou vermello), aínda que está previsto que se comercialice tamén nos Estados Unidos, Europa e Canadá.

Así mesmo, tamén haberá tres versións, dependendo da configuración de memorias, cuxos precios aínda non están definidos, polo que amosamos os correspondentes ao mercado chinés:

  • 6 + 128 GB : uns 445 €
  • 8 + 128 GB: uns 470 €
  • 8 + 512 GB: uns 530 €

Sobre o autor

Reply