Orange, Google e o RC Celta experimentarán este sábado coa realidade aumentada

Para celebrar o inicio da tempada de LaLiga Santandar 2019- 2020 e pór en valor que a súa plataforma de televisión vai emitila integramente, Orange preparou unha actividade en colaboración con Google e o Celta que terá lugar durante o encontro do equipo vigués e o Real Madrid.

Así, durante o descanso de dito partido – que se celebrará o sábado 17 de agosto ás 17 h), Orange, o Asistente de Google e o Celta convidarán ás persoas que se atopen no estadio a participar nunha acción dixital, coa que poderán vivir en directo nos seus smartphones unha experiencia de realidade aumentada que combina fútbol e espectáculo.

Para poder participar nesta acción, as persoas interesadas deberán descargar a aplicación Misión Celta. Unha vez descargada a aplicación e enfocando cara o campo, poderán ver un espectáculo tecnolóxico que tamén se poderá ver a través das pantallas do estadio.

Por último, realizarase un concurso entre aquelas persoas que teñan descargado a aplicación, no que se sorteará un LG G8 Smart Green e 4 Smart TV 4K de 50 polgadas.

Sobre o autor

Reply