Enviar arquivos de gran tamaño entre dispositivos Android pode chegar a ser unha odisea, sobre todo porque Google nunha se preocupou en exceso de crear unha aplicación universal para empregar en calquera dispositivo, con independencia da marca que se empregue.
Se ben é certo que grandes fabricantes, como Samsung ou Huawei, teñen creado as súas propias aplicacións para este cometido, ter que depender da marca que ten o outro usuario limita as cousas, polo que á hora da verdade case sempre se adoita recorrer a aplicacións de mensaxería pola súa facilidade de uso.
Na China, tres grandes fabricantes véñense de unir para traballar en conxunto nunha aplicación que permita enviar arquivos de gran tamaño entre dispositivos. Estas marcas son Xiaomi, Oppo e Vivo, que xuntan na China máis da metade das usuarias de dispositivos móbiles.
Aínda que polo de agora non temos unha data para a súa implementación de maneira global, as tres compañías avanzan que a finais de agosto lanzarán a aplicación beta