A feira IFA de Berlín está a piques de abrir as súas portas, e os diferentes fabricantes que participarán dela están a quencer os motores con pre-anuncios do que teñen pensado amosar durante eses días.
É o caso de LG. O fabricante surcoreano ten previsto presentar a súa liña de electrodomésticos ThinQ, unha denominación que xa aplican aos seus dispositivos móbiles. Faráo en colaboración con Amazon, integrando o Amazon Dash Replenishment, que impulsado pola intelixencia artifical de LG servirá para reabastecer de produtos para o lavado.
Deste modo, estes electrodomésticos aforrarán ás usuarias a tarefa de ter que pensar cando teñen que mercar produtos básicos para o lavado, xa que a configuración do suministro intelixente detecta cando este se agotan para que nunca exista un desabastecemento dos produtos para o coidado de prendas e vaixela.
Nun primeiro momento este servizo vai estar dispoñíbel en lavadoras e lavalouzas LG ThinQ de varios países de Europa, entre eles o Estado español, a partir do outono.