A piques de comezar o novo curso, e con moito estudantado apurando as xestións de matrícula e a busca de piso, a operadora galega R vén de relanzar a súa promoción destinada a aquelas persoas que buscan unha conexión para poder acceder a unha rede fixa no lugar onde teñan que establecerse.
A promoción estudantes R, que destaca por prescindir do teléfono fixo (algo ao que cada ves menos usuarios dan importancia), ofrece tres servizos, dous de só Internet e ou que tamén inclúe televisión total con deco 4K.
Estas opcións son as seguintes:
- 200 megas: 35 €/mes
- 500 megas: 39 €/mes
- 500 megas + tv total: 42 €/mes
Como xa tiña acontecido en anos anteriores, R ofrece estas tres modalidades sen permanencia, e coa opción de suspendelo de forma temporal e gratuíta até un máximo de tres meses, unha opción especialmente pensada para o verán.
Pódese contratar desde a páxina web da compañía.