Pepephone aumenta a capacidade da tarifa “Inimitable”

Pepephone sempre destacou por ser unha das operadoras que, malia o competitivo do sector, traballou por ir mellorando aos poucos a capacidade das súas tarifas ou axustando os prezos para que a súa carteira de clientes fosen dos máis satisfeitos. E volveu facelo.

A compañía de lunares, hoxe en mans de MásMóvil, vén de anunciar a actualización dunha das súas tarifas máis especiais, a Tarifa Inimitable. Agora, por 19,90 € ao mes as usuarias de Pepephone poderán disfrutar de 25 GB en lugar dos 23 que viña ofrecendo, ademais de chamadas ilimitadas a fixos e móbiles nacionais.

A esta nova vantaxe hai que sumar que desde o pasado mes de xullo as usuarias de Pepephone acumulan os datos non consumidos, de maneira que se un mes deixan algún giga sen usar pódeno disfrutalo durante o mes seguinte.

Haberá máis sorpresas de aquí a final de ano? Imaxinamos que algunha gardarán, e de seguro que ten que ver con produtos converxentes fixo – móbil. Fagan as súas apostas.

Sobre o autor

Reply