O Google Pixel 4 déixase ver nun vídeo filtrado

Malia que Google aínda non se pronunciou sobre a posíbel data de presentación dos seus novos teléfonos, os Google Pixel 4, un filtrador vén de dar a coñecer o que será o vídeo de presentación oficial.

No vídeo, como é lóxico, déixase ver o teléfono, o que nos aporta probas de como é o seu deseño, mais tamén algunhas características novidosas que traerá o trebello, como é o control sen tocar a pantalla. Isto non é a primeira vez que se ve, xa que o vimos por primeira vez cando LG presentou o LG G8 ThinQ.

Máis aló desta prestación, o anuncio tamén nos descubre novas cámaras, pero tampouco sabemos cales van ser as súas características – máis aló dun nomo “modo noite” – xa que as filtracións non achegan esa información.

Con todo, o evento de Google no que se anunciarán os novos Pixel 4 debería ter lugar entre os meses de outubro e novembro, polo que axiña coñeceremos todas as súas características.

Sobre o autor

Reply