Movistar elimina a permanencia dos seus produtos Fusión

Setembro é, por tradición, unha época de campañas agresivas no sector das telecomunicacións, onde os operadores loitan por facerse coa clientela rival tanto en produtos móbiles como nos converxentes, aproveitando que as usuarias buscan aforrar co inicio do curso.

Nesta liña, Movistar sorprendeu co anuncio da eliminación dos compromisos de permanencia en todos os produtos Movistar Fusión no segmento residencial, é dicir, para usuarias particulares.

Este cambio nas condicións do contrato, beneficiosa para as usuarias, afecta tanto ás novas altas do operador como para a clientela xa existente, de maneira que ningunha usuaria da compañía cun produto Fusión ten que quedar en Movistar se non o desexa.

Até o de agora, Movistar mantiña un compromiso de permanencia de tres meses para as novas instalacións de fibra con produtos Fusión.

Sobre o autor

Reply