10 GB adicionais ao contratar Fi Network antes do 30 de novembro

Malia que o mes de setembro vai dando os seus últimos coletazos, e que o outono inicia hoxe a súa andaina, aínda queda algún operador que remolonea coa súa promoción de “volta ao cole”. É o caso de Fi Network, un dos últimos OMV en chegar ao Estado español, e unha orientación clara á chamada “Xeración Z”.

A compañía, que traballa coa rede de Vodafone, está regalando 10 GB de navegación ás usuarias que contraten, antes do 30 de novembro, algunha das tarifas con 10, 20 ou 30 GB, co obxectivo de que ninguén quede sen datos.

Fi Network ofrece opcións que van desde un plan básico de 3,90 € que só leva 100 minutos en chamadas até os 19,90 €, prezo polo que podemos disfrutar de 30 GB e chamadas limitadas. Entre medias temos outras tarifas moi atractivas, como os 10,90 € que cobran por 10 GB de datos con chamadas ilimitadas. En todas elas, os SMS son gratuítos.

Como dicíamos, Fi Network traballa coa rede 4G+ de Vodafone, e permite acumular os gigas non consumidos dun mes para outro. A compañía tamén está traballando para ofrecer fibra a prezos reducidos, mais polo de agora non o fai no noso país.

Sobre o autor

Reply