A familia OnePlus 7 xa ten Android 10.0

OnePlus vén de lanzar a actualización de sistema a Android 10.0 para dous dos seus últimos dispostivos, o OnePlus 7 e o OnePlus 7 Pro. Deste modo, as usuarias destes dispositivos poderán disfrutar de novas características, como os xestos, unha nova pantalla intelixente e permisos de privacidade mellorados.

En termos xerais, OnePlus conta cun historial de actualizacións bastante sólido, sendo dos primeiros fabricantes que lanza as actualizacións de sistema e tamén sendo dos que cumpren co compromiso de dous anos de actualización software.

No que ten a ver coa actualización a Android 10.0, as usuarias de OnePlus terán acceso ás seguintes novidades:

  • Deseño de interface totalmente novo.
  • Permiso de ubicación mellorados para a xestión da privacidade.
  • Nova función de personalizzación na Configuración que permite ás usuarias escoller de forma rápida as iconas amosadas na Configuración Rápida.
  • Novos xestos de deslizamento cara o interior da pantalla desde os bordes esquerdo e dereito para volver aos contidos anteriores.
  • Engádese unha barra de navegación inferior que permite cambiar entre as aplicacións recentes ao deslizar á esquerda ou dereita.
  • Nova función Game Space que unifica todos os xogos favoritos das usuarias nun só lugar para proporcionar un acceso máis sinxelo e unha mellor experiencia de xogo.
  • Smart Display, que ofrece información intelixente baseada en horas, ubicacións e eventos específicos en Ambient Display.

Como vén sendo habitual, esta actualización vaise facendo por bloques de dispositivos.

Sobre o autor

Reply