Toda a información do Xiaomi Redmi Note 8 Pro

Xiaomi acaba o mes de setembro con novidades no seu catálogo, como o Xiaomi Redmi Note 8 Pro, un dispositivo de gama media destinado ás usuarias que buscan un terminal co que poder xogar.

O novo trebello integra un procesador MediaTek G90T (2 x 2,05 GHz + 6 x 2 GHz), xunto con 6 GB de memoria RAM e opcións de 64 e 128 GB de capacidade interna, en ambos casos ampliábeis mediante tarxetas microSD. A súa batería é de 4500 mAh con carga rápida de até 18 W.

A súa pantalla é de 6,53 polgadas (2340 x 1080 píxeles e tecnoloxía LCD), e na parte fotográfica temos unha cámara frontal de 20 Mpx e unha cámara traseira formada por catro lentes (angular de 64 Mpx, gran angular de 8 Mpx, macro de 2 Mpx e de profundidade de 2 Mpx).

Como está sendo habitual nos últimos móbiles da compañía, Xiaomi apostou por introducir o NFC, de maneira que as usuarias europeas poderemos pagar cos dispositivos da marca chinesa. Así mesmo, dispón de sensor de infravermellos e jack de auriculares.

Prezo e dispoñibilidade

O modelo de 6 + 64 GB ten un prezo de 249 euros, mentres que a versión de 128 GB pode adquirirse por 269 euros, prezos bastante competitivos para as características técnicas que inclúe.

Sobre o autor

Reply