Realme avanza a súa chegada a Europa co X2 Pro

Non é a primeira vez que falamos no blog de realme, unha marca emerxente de móbiles que se caracteriza por incluír características de gama premium en terminais con prezo de gama media. A compañía prepara agora o seu desembarco no noso país, e avanza a súa chegada co realme X2 Pro.

O realme X2 Pro é un dispositivo que inclúe o procesador Qualcomm Snapdragon 855+ e un sistema de catro cámaras traseiras, onde destaca unha cámara de 64 Mpx con zoom híbrido 20X como gran novidade.

Potencia, fotografía e tamén deseño, xa que nos diferentes dispositivos que vimos da marca atopámonos cun deseño e acabados que nos lembran a modelos de gama alta, iso si, como avanzamos antes, cuns prezos máis contidos.

A compañía avanza que o mercado español será o seu campo de batalla para o inicio da aventura europea, logo de colleitar éxitos de vendas en diversos países de Asia, entre eles India, onde conseguiron vender 1 millón de unidades en apenas 3 días.

Sobre o autor

Reply