Melloras no asistente de Google para a accesibilidade e a condución

Un dos produtos máis interesantes do Google actual é sen dúbida o seu asistente, que pouco a pouco vai ofrecendo novos servizos e mellorando o seu funcionamento.

Neste momento a compañía está traballando nun par de melloras moi interesantes, unha das cales ten que ver con melloras na accesibilidade para as persoas con algún tipo de minusvalía, e outra destinada a termos unha experiencia superior durante a condución.

Persoas con discapacidade cognitiva

Para as persoas con discapacidade cognitiva xurden os “Action Blocks”, unha ferramenta que vai permitir agregar comandos do Assistant á pantalla de inicio, cunha imaxe personalizada (algo que lembra aos pictogramas, usados habitualmente polo público con estas necesidades).

Polo de agora trátase dunha funcionalidade en fase de probas nos Estados Unidos, onde Google Assistant conta con numerosas funcións que aínda non podemos disfrutar no noso país, pero seguramente esta novidade acabará chegando tamén aquí.

Melloras na condución

Por outra banda, Google tamén está a mellorar Assistant para introducir as funcións de Android Auto, tal e como avanzou no pasado I/O 2019.

Se ben é certo que xa contábamos con que Google Assistant puidese activar o modo condución ao conectarse ao Bluetooth do coche (e obviamente tamén mediante comandos de voz), o código fonte da aplicación revela referencias á activación mediante NFC, o que podería constituír a terceira forma de activación do servizo.

A aplicación total

Logo de ter dividido moito os seus servizos semella que Google atopou en Assistant a “aplicación total”, unha ferramenta que aglutina unha chea de servizos nun único sitio, e que nos dá unha idea de por onde van ser os servizos do futuro.

Sobre o autor

Reply