Xa hai data para a posta á venda do Samsung Galaxy Fold no noso país. Será o 18 de outubro o día no que un dos terminais máis innovadores vistos até o de agora chegue ás tendas do noso país e tamén ás de Suecia, Finlandia, Dinamarga, Noruega, Suíza e Polonia.
O terminal que se vai poñer á venda é unha versión mellorada do Galaxy Fold que ofrece maior mobilidade, unha pantalla expandida e unha cámara versátil para un dispositivo grande e pequeno ao tempo, que crea novas formas de usar un teléfono.

Especificacións técnicas
- Pantalla: 7,3 polgadas (QXGA + Dynamic AMOLED 4.2:3) + 4.6 HD+ Super AMOLED 21:9.
- Procesador: Qualcomm Snapdragon 855 / Exynos 9820 (esté último é o que chega ao noso país
- RAM: 12 GB
- Almacenaxe interna: 512 GB
- Cámaras: triple traseira (gran angular, ultra gran ángular e teleobxectivo), unha frontal externa (na cuberta) e dúas frontais internas (gran angular e profundidade).
- Batería: 4380 mAh.
Un teléfono novidoso
O Fold une a experiencia dunha pantalla Infinity Flex Display de 7,3 polgadas cun hardware de última xeración, incluíndo 12 GB de memoria RAM para conseguir bo rendemento. Dispón dun sistema de batería dobre e ofrece a posibilidade de cargar un segundo dispositivo mediante Wireless PowerShare.

A versión que chega ao noso país dispón de conectividade 5G, o que permite ás usuarias disfrutar das velocidades máis altas en navegación, iso si, polo de agora unicamente coa rede de Vodafone.
Dispoñibilidade e prezo
Por último, pero non menos importante, hai que falar do seu prezo. O Samsung Galaxy Fold chega por 2020 euros en Black & Silver, unha cifra que pode antollarse elevada, mais non cabe dúbida que é un dispositivo destinado a early adopters.