A operadora Fi Network está a gañar popularidade grazas a unha campaña agresiva en prezo no segmento móbil que agora quere trasladar á fibra, onde vén de presentar a súa nova oferta.
A compañía ofrece tres opcións de velocidade, a elixir entre 100, 300 ou 600 Mbps, e funcionando con cobertura da rede de fibra de Vodafone.
- 100 Mbps por 20,90 €/mes
- 300 Mbps por 24,90 €/mes
- 600 Mbps por 29,90 €/mes
Así mesmo, son as propias usuarias as que deciden optar por pagar unha cota de instalación de 45 € e esquecerse de permanencias ou non pagar nada pola instalación a cambio de quedar 12 meses na compañía.
Con esta oferta Fi Network compite cos operadores máis económicos no segmento da fibra libre, entre os que atopamos a Pepephone cos seus 200 Mbps por 34,60 €/mes (29 €/mes se se ten contratado móbil) ou Lowi cos seus 100 Mbps por 29,95 €/mes