Android Auto activa o modo sen fíos para algúns móbiles Samsung

A Android Auto pásalle como á maioría de sistemas de navegación para vehículos, que as súas novidades van chegando aos poucos e non supoñen grandes cambios. Porén, van avanzando.

Andoid Auto, o sistema de entretemento de Google que practicamente xa inclúen todos os vehículos que podemos atopar hoxe en día no mercado, acaba de abrir a conexión sen fíos para certos modelos de teléfono máis aló dos Pixel de Google de maneira que as usuarias destes smartphones compatíbeis poderán empregar este sistema sen necesidade de conectar cable algún.

Estes modelos son varios smartphones do portfolio de Samsung: Galaxy S8 / S8+, Galaxy S9 / S9+, Galaxy S10 / S10+, Galaxy Note8, Galaxy Note9, Galaxy Note10 / Note 10+

Android Auto permite ás usuarias disfrutar de contidos do seu móbil na pantalla do seu vehículo, como pode ser o acceso ao teléfono, colección musical ou Spotify e, por suposto, Google Maps.

Sobre o autor

Reply