Toda a información do novo Samsung Galaxy M30s

Samsung vén de anunciar a chegada ao noso país do novo Samsung Galaxy M30s, o primeiro smartphone da compañía en contar cunha batería que acada os 6000 mAh de capacidade, ao que hai que sumar a nova tecnoloxía de cámara e o seu procesador, adaptado ao público gaming.

Como xa adiantamos, a cámara é outro dos puntos fortes deste modelo, no que se aposta por unha triple cámara traseira con sensor principal de 48 Mpx, acompañado dun focal de 5 Mpx e un gran angular de 8 Mpx. Para conseguir a mellor imaxe en cada situación, Samsung incorpora a súa tecnoloxía de optimización de escenas que estamos a ver nos modelos das gamas máis altas da firma.

Completando a lista de especificacións temos unha pantalla de 6,4 polgadas Infinity-U con tecnoloxía SuperAMOLED e resolución Full HD+. procesador Exynos 9611 (Quad Core 2.3 GHz + Quad Core 1,7 GHz), 4 GB de memoria RAM, 64 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 512 GB, sensor de pegadas dixitais e USB- C.

Dispoñibilidade e prezo.

O novo Samsung Galaxy M30s xa está dispoñíbel no mercado español, nun primeiro momento en exclusiva con Amazon por 259 euros en azul, branco e negro.

Sobre o autor

Reply