O Samsung Galaxy Watch Active2 Under Armour Edition chega ao noso país

Samsung vén de anunciar a pre-compra da edición exclusiva Under Armour do novo Galaxy Watch Active 2, o último smartwarch da compañía surcoreano.

Nesta edición exclusiva, Samsung e Under Armour únense para proporcionar unha experiencia de carreira conectada, ofrecendo certas vantaxes no rendemento dos corredores de cara a optimizar a súa forma física e reducir o risco de lesións a través de funcións exclusivas desta versión.

Ademais das novas características incluídas en todos os Galaxy Watch Active2, como o marco táctil xiratorio e a nova versión de software One UI, a versión Under Armour ofrece ás usuarias novas opcións de deseño e controis intuitivos para satisfacer as súas necesidades de benestar físico. A súa esfera presenta un deseño animado de Eclipse que brilla e cambia segundo a hora do día, con modos de hora e datas ben definidos, para que sempre poidan ser identificados rapidamente á hora de comezar a correr.

As usuarias que escollan este reloxo terán 6 meses de acceso gratuíto á versión premium de MapMyRun (valorado en 15 €), e ademais poderán conectar o seu calzado a través de UA HOVR de Under Armour con dita aplicación para recibir os comentarios en tempo real sobre o seu adestramento.

Este período de precompra remata mañá, 24 de outubro. As persoas que o realicen recibirán xunto co smartwatch unha correa de coiro valorada en 79,99 euros. A partir desa data, estará dispoñíbel polo mesmo prezo pero sen o agasallo, por 359 euros a versión de 44 mm e 339 € a de 40 mm.

Sobre o autor

Reply