Oppo anunciou hai un par de semanas novos dispositivos, o Reno2 e o Reno2 Z, dous trebellos que xa se poden mercar no noso país a través de El Corte Inglés, Media Markt, FNAC, Amazon e AliExpress. A chegada destes dous novos modelos enmárcase dentro da estratexia da marca por chegar a novos países europeos, e a estas alturas xa operan en 10 estados do vello continente.

As principais innovacións destes modelos témolas nas cámaras, tanto no aspecto fotográfico como no de vídeo móbil. O Reno2 leva catro cámaras (principal de 48 Mpx, teleobxectivo de 13 Mpx, lente monocromo de 2 Mpx e unh gran angular de 8 Mpx), que permiten un zoom híbrido de 5x e un zoom dixital de 20x usando a tecnoloxía Fusion Imaging para cambiar entre distancias focais.

Pola súa banda, o Reno2 Z vén con cámara principal de 49 Mpx, gran angular de 8 Mpx, monolente dde 2 Mpx e obxectivo vertical de 2 Mpx. No apartado do vídeo, o maior avance chega co modo Ultra Estabilizador de vídeo, que aproveita a tecnoloxía de estabilización de imaxe híbrida para garantir a precisión e mellorar a anti-vibración.

Especificacións técnicas.
No seguinte cadro pódense ver as especificacións técnicas de ambos modelos.
Especificacións | OPPO Reno2 | OPPO Reno2 z |
Dimensións | 160mm x 74.3mm x 9.5mm | 161.8mm x 75.8mm x 8.7mm |
Pantalla | 6.5 pantalla Full Sunlight AMOLED (20:9)Frontal: 6th Generación Corning® Gorilla® GlassTrasera: 5th Generation Corning® Gorilla® Glass | 6.5 pantalla Full AMOLED (19.5:9)5th Generación Corning® Gorilla® Glass(frontal y trasera) |
Cores | Ocean Blue/ Luminous Black | Sky White/ Luminous Black |
Tipo de elvación | Estructura de cámara pivotante | Estructura de cámara vertical |
Plataforma | Qualcomm SDM7150 | MTK P90 |
Cámara cuádruple traseira | Configuración cámara cuádruple: 48MP (IMX586+OIS+EIS)+13MP(teleobxetivo)+8MP(Gran angular) +2MP(Monolente)5x Zoom híbrido | Configuración cámara cuádruple:48MP(IMX586+EIS)+8MP(gran angular)+2MP(Monolente) +2MP(lente retrato) |
Cámara frontal | 16MP + luz frontal suave. Modo beleza IA | 16MP + luz ambiente. Modo beleza IA |
Hardware | RAM: 8GBROM: 256GB BAT: 4,000mAh(typ) | RAM: 8GBROM: 128GB BAT: 4,000mAh(typ) |
Almacenamento | LPDDR 4x; UFS2.1 | |
Rede | GSM,WCDMA,TD-LTE,LTE FDD | |
Conexión | Bluetooth 5.0, NFC | Bluetooth 5.0 |
OS | ColorOS 6.1, de Android 9.0 | |
Carga | Carga rápida VOOC 3.0 | |
Outros | Desbloqueo oculto de pegadas dactilares 3.0Sensores: Magnético, Luz, Distancia, Xiroscopio e Gravidade.Batería: 4000mAh VOOC 3.0Enchufe USB: Tipo C Conector de auriculares: 3,5 mm |
Os dous trebellos veñen coa carga rápida VOOC 3.0 de Oppo, que emprega un novo algoritmo VFC para reducir a carga de goteo.
Dispoñibilidade e prezo
O Oppo Reno2 con 8 GB de RAM e 256 GB de memoria interna custa 499 €, mentres que o Reno2 Z pódese mercar por 369 € con 8 GB de RAM e 128 GB de interna.