A operadora Vodafone vén de lanzar unha nova tarifa destinada exclusivamente ao segmento prepago e para contratación unicamente a través das tendas físicas da compañía. Trátase do plan Vodafone Básica.
Por 10 € ao mes, a nova tarifa de Vodafone inclúe 4 GB de datos e 300 minutos en chamadas, válidas tanto para chamadas nacionais como internacionais a un total de 57 destinos, con independencia de que sexa a fixos ou a móbiles.
A listaxe dos países incluídos nesta tarifa son Alaska, Alemania, Arxentina, Australia, Bangladesh, Bélxica, Brasil, Brunei, Bulgaria, Canadá, Chile, China, Colombia, Costa Rica, Chipre, Dinamarca, Estados Unidos, Eslovaquia, España, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hong Kong, Hungría, Islandia, India, Irlanda, Israel, Ittalia, Xapón, Corea do Sur, Luxemburgo, Malasia, Malta, México, Mongolia, Marrocos, Nova Zelanda, Noruega, Pakistán (neste caso, só 100 minutos), Paraguai, Perú, Polonia, Portugal, Porto Rico, Reino Unido, República Checa, República Dominicana, Rumanía, Rusia, Singapur, Suecia, Suíza, Turquía, Uruguai e Venezuela.
Con este novo plan, Vodafone quere recuperar un segmento de clientes que nos últimos tempos foron apostando por outras compañías low cost que ofrecen servizos nacionais e internacionais a prezos competitivos, ao tempo que mellora a cantidade de datos incluídos no plan fronte outras propostas anteriores.