Amena vén de anunciar unha nova promoción para as usuarias da compañía que dispoñan de servizos converxente, de maneira que aquelas persoas que teñan paquetes de fibra e móbil poderán disfrutar do desconto do 50% nas segundas liñas activándoo antes do 31 de decembro (incluído).
O único que han de facer é portar ou activar unha nova liña á compañía, e o beneficio será aplicado directamente na factura de maneira automática. Aínda que esta oferta ten un prazo de activación, segundo explica a compañía o beneficio manterase indefinidamente.
Por poñer un exemplo, se unha persoa contrata ou xa tiña contratada unha tarifa con fibra e móbil con ilimitadas e 4 GB por 37,95 €, pode engadir unha tarifa de 14,95 € con ilimitadas e 5 Gb que sería facturada ao 50% para sempre.
Outras melloras de Amena
Amena tamén anunica outras melloras nos seus produtos, xa que desde o pasado 1 de outubro aumentaron a velocidade de suba desde os 50 até os 100 Mbps, un cambio que se fará de forma progresiva.
Por outro lado, no servizo sobre 4G, Amena en Casa, increméntanse desde este mes os gigas incluídos na tarifa, desde os 40 até os 60 GB sen ver modificado o seu prezo.