Suop activa a baixada de velocidade nas tarifas de contrato

Desde este mes de novembro, as usuarias da operadora Suop veranse beneficiadas dunha mellora nos seus contratos, xa que a compañía vén de activar a baixada de velocidade ao rematar a franquía de datos contratados.

Se ben é certo que non é de todo boa nova ter que navegar a unha velocidade ridícula, o certo é que a aplicación desta medida elimina as posíbeis sorpresas que podería haber até o de agora, cando a compañía facturaba a 1,5 céntimos o MB consumido fóra da tarifa.

A operadora aplicou automaticamente esta medida a todas as usuarias de contrato, se ben é certo que todas aquelas persoas que o desexen poden contratar GB adicionais cando o precisen, a razón de 1 GB por 3,5 €, 2 GB por 4,99 € ou 5 GB por 9,99 €, uns prezos bastante competitivos.

E é que Suop é unha das operadoras que máis axusta o prezo, adaptándose ademais a todo tipo de usuarias, as que consumen pouco e polo tanto non queren gastar moito, como ás persoas que fan un uso intensivo do seu móbil. Así, a compañía ofrece actualmente estas dez combinacións:

  • 150 minutos (sen datos) por 2,99 €/mes
  • Ilimitadas (sen datos) por 6,99 €/mes
  • 1 GB (sen chamadas) por 3,50 €/mes
  • 2 GB + 150 minutos por 4,99 €/mes
  • 2 GB + Ilimitadas por 7,99 €/mes
  • 5 GB + 150 minutos por 9,99 €/mes
  • 5 GB + Ilimitadas por 12,99 €/mes
  • 10 GB + Ilimitadas por 14,99 €/mes
  • 20 GB + Ilimitadas por 19,99 €/mes
  • 30 GB + Ilimitadas por 24,99 €/mes

Ademais, nestes momentos teñen activa unha promoción pola cal agasallan con 30 GB contratando agora, e até o 31 de decembro, nas tarifas con franquía de datos a partir dos 5 GB.

Sobre o autor

Reply