Vodafone anunciou onte novidades na súa oferta de televisión, co lanzamentode novos packs temáticos cuxos prezos oscilan entre os 0 e os 10 euros ao mes. Trátase dunha mellora destinada a flexibilizar a oferta televisiva adaptándose aos gustos de cada unha das usuarias, e estará dispoñíbel a partir do próximo luns 18 de novembro.
Os novos packs son Universal, Música, Deportes, Adulto e Caza, e as clientas que os contraten poderán disfrutalos tanto na casa como en mobilidade.
- Universal (0 €/mes). É a opción de información e entretemento internacional, con programas, magazines, informativos… de canels internacionais como CNN, BBC World, France 24, Deutsche Welle, TV Chile ou Cubavisión, entre outras.
- Música (10 €/mes). Para as amantes da música, este pack inclúe TIDAL e MyMTV Music, ademais de Mezzo (óperas, jazz, danza), Sol Música, MTV e HIT TV, entre outras.
- Deportes (5 €/mes). Destinado ás persoas que disfrutan co deporte, aveturas e risco. Inclúe as principais competicións de tenis, ciclismo, campionatos de rallies, skate e surf, entre outros. As canles son Eurosport 1 e 2, Fight Sports, Betis TV, Barça TV e Surf Channel.
- Adulto (10 €/mes). Contido adulto de todos os xéneros dispoñíbel baixo demanda coa aplicación PlacerTV e as canles Vivid TV Europe e Vivid TV Red.
- Caza (7 €/mes). Contido único e de produción propia para as afeccionadas á caza, pesca e natureza con Cazavisión e Iberalia.
Estes novos packs de televisión poden engadirse a calquera dos cinco packs temáticos principais que Vodafone presentou o pasado mes de abril, cuxos prezos se reducen se contamos coas tarifas ilimitadas:
- Seriefans (10 €/mes ou 0 €/mes para One Ilimitadas): inclúe toda as series de HBO España, FOXNOW, AXN Now e centos de series máis baixo demanda, ademais de TNT, Calle 13, Comedy Central, Cosmo, SYFY, XTRM, FOX, FOX Life, AXN, AXN WHITE e AMC.
- Serielovers (20 €/mes ou 10 €/mes para One Ilimitadas): todo o contido de Seriefans e ademais Amazon Prime coas series de Prime VIdeo, STARZ PLAY e Movistar Series.
- Cinefans (12 €/mes). Extenso catálogo de cine baixo demanda, desde clásicos con TCM e SOMOS a estreas de Hollywood en Movistar Estrenos e cinema independente de FILMIN. Así mesmo, tamén leva DARK e Canal Hollywoord.
- Documentales (8 €/mes). Como indica o seu nome, leva contidos sobre documentais e entretemento de ciencia, aventura, historia, natureza ou viaxes, tanto baixo demanda como en canles especializados. Entre outros, leva Historia, Odisea, Discovery Channel, la app National Geographic+, National Geographic, National Geographic Wild, Viajar, Crimen e Investigación, , Blaze, My Zen TV, , Canal Cocina e Decasa .
- Peques (5 €/mes). Pensado para as pequenas da casa, este pack inclúe Disney Junior, Disney XD, Nickelodeon, Canal Panda, Nick e Baby TV.
Vodafone saca peito da súa oferta multimedia, con opcións para todos os gustos. Ademais, polo de agora é o único servizo que integra Amazon Prime Video, Netflix, HBO España e FILMIN (os dous últimos de maneira exclusiva), o que o convirte no maior agregador de cinema e series, con máis de 12.400 películas e 2.400 series para que teñamos todo o entretemento ao alcance do noso mando.