Novo BlackView A80 Pro con catro cámaras e prezo axustado

Estes días vense de dar a coñecer o novo BlackView A80 Pro. Trátase dun novo smartphone que destaca por ofrecer unhas características bastante interesantes, entre elas unha cámara traseira cuádruple, ao tempo que axusta o prezo.

O dispositivo conta cunha pantalla IPS de 6,49 polgadas, e no seu interior aposta por introducir un procesador de MediaTek, o modelo Helio P25. Está acompañado de 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenaxe interna, ampliábeis por microSD de até 128 GB. A súa batería quda nos 4.480 mAh.

Se falamos de fotografía, a cámara frontal é un sensor de 8 MPx. Porén, o aspecto máis interesante neste campo teémolo na parte traseira, onde a marca decidiu apostar un unha cámara composta por catro sensores (13 + 2 + 0.3 + 0.3 Mpx).

En canto a deseño, o dispositivo conta cunha pantalla que cubre a practica totalidade do frontal, a excepción dunha pequena “pinga” na parte superior. E todo, cun grosor de 8.8 mm.

Dispoñibilidade e prezo

Non menos interesante é o apartado do prezo. O novo BlackView A80 Pro chega en catro cores a escoller (negro, vermello, azul e verde), por 159,99 dólares, aínda que por tempo limitado pódese conseguir pola metade de prezo. Está á venda en Aliexpress.

Sobre o autor

Reply