Orange Bank chega ao noso país

Desde hai algúns meses tiñamos constancia de que a operadora gala Orange tiña intención de traer ao noso país o seu banco móbil, Orange Bank, co que xa leva un tempo operando en Francia. Trátase dun banco online ao estilo de ImaginBank ou Evo Banco, orientados a usuarias que queren un produto sinxelo e que poidan manexar desde as súas casas.

Como se pode imaxinar, Orange Bank está destinado a fidelizar á clientela da compañía, e unha boa mostra diso é que polo de agora unicamente as usuarias desta poderán empregalo. Iso si, prevese que a medio prazo poida contratalo calquera persoa que o desexe.

O banco ofrece un IBAN español e un interese do 1% garantido en función dos aforros, iso si, até un máximo de 20.000 euros. Para as operacións en caixeiro automático, ofrece 3 extraccións de cartos sen custe.

Dispón de tarxeta de débito, aínda que tamén permite o pago con móbil. Iso si, de momento só é compatíbel con Apple Pay, e aínda que non hai información sobre a mesa, é de imaxinar que estarán a traballar para ofrecer este servizo ás usuarias de Android a través de aplicación propia ou de sistemas como Google Pay ou Samsung Pay.

A contratación deste servizo de banca online pódese facer a través da web do banco, https://orangebank.es/ ou coa súa aplicación.

Sobre o autor

Reply