Abanca e Vodafone únense para presentar a primeira oficina bancaria 5G

Abanca vén de pór en marcha xunto con Vodafone un proxecto piloto para a implantación da tecnoloxía 5G na súa rede de oficinas de Galiza. Grazas a esta iniciativa, que se desenvolve na oficina de atención ao público que o banco ten no polígono de Pocomaco, na Coruña, a entidade vén de converterse no primeiro banco español en facer uso desta tecnoloxía na súa rede comercial, en colaboración con Vodafone, único operador que dispón actualmente de cobertura 5G para o cliente final.

Este é un dos proxectos incluídos dentro do Nodo de Cooperación con Operadores do Plan Galiza 5G da Xunta, dirixido a posicionar o territorio galego como proferente na extensión das redes de quinta xeración.

A implantación da tecnoloxía 5G é o próximo reto do proceso de renovación tecnolóxica da rede de oficinas Abanca, que nos últimos anos avanzou bastante cun novo modelo de oficina no que destacan o uso de dispositivos Microsoft Surface e outros recursos tecnolóxicos orientados tanto á clientela como ás traballadoras das oficinas.

A implantación da tecnoloxía 5G de Vodafone permite novas melloras, como un aumento na velocidade de acceso con latencia mínima, que de seguro vai xogar un papel importante nas oficinas que Abanca ten en lugares onde o acceso á rede fixa é máis complicada ou tamén nas oficinas móbiles.

Sobre o autor

Reply