Google estaría traballando para manter o Bluetooth activo no “modo avión” de Android 11

Nos últimos tempos estamos a ver como medra o número de usuarias que apostan por auriculares sen fíos, un auxe que ten dúas explicacións. A primeira, que os prezos por fin son máis “universais”, con opcións que se poden adaptar a todos os petos; e a segunda, que cada vez son máis os fabricantes que prescinden do porto de audio jack 3.5 mm.

Usar este tipo de auriculares Bluetooth pode que nos ten amosado un pequeno inconvinte, que de seguro detectaron as persoas que viaxan en avión. E é que ao activar o modo avión o teléfono corta todas as conexións sen fíos, o que deixa sen fluxo de audio os auriculares e, polo tanto, sen posibilidade de seguir escoitando música mentres teñamos ese modo avión activado.

Google non é allea a este inconvinte e, polo que parece, estaría a traballar nunha solución que chegaría con Android 11. Esta solución non é máis ca un “modo avión mellorado”, que deixaría o fluxo Bluetooth separado do resto de conexións en avión.

O descubrimento é de Gerrit, da web Android AOSP, que se encarga de ir rexistrando os cambios que se introducen no código fonte do sistema. Aí foi onde atopou esta pequena mellora, que de seguro moitas usuarias agradecerán.

Sobre o autor

Reply