Datos ilimitados e V-Multi Tracker de balde: así é a oferta de Vodafone para este Nadal

Vodafone pode presumir desde hai algún tempo de ser a única compañía que ofrece tarifas de datos ilimitadas reais para a súa clientela, dividida nunha oferta de navegación a tres velocidades: 2 Mbps, 10 Mbps ou máxima velocidade.

Aproveitando este tirón comercial, a compañía vén de anunciar a súa promoción de Nadal, na que aposta precisamente por dar a toda a súa clientela a posibilidade de probar a navegación ilimitada. Para iso é preciso contratar ou activar o servizo antes do 10 de xaneiro, aínda que se poderá disfrutar de navegación ilimitada a máxima velocidade até o 31 de xaneiro de 2020.

V-Multi Tracker de balde para as “inimitables”

Aquelas persoas que xa dispoñen dunha tarifa de Vodafone ilimitada tamén poderán disfrutar dun beneficio, neste caso do regalo dun localizador V-Multi Tracker con un ano de servizo sen custe.

Este localizador fai a función de localizador GPS, permitindo coñecer en todo momento onde está aquela cousa que ten colocada o V-Multi Tracker, como podería ser unha mochila, o coche ou unha macota.

O aparello permite establecer avisos ou recibir alertas se os obxecttos saen dunha área establecida ou se se move cando non debería facelo. Así mesmo, o V-Multi Tracker tamén ten un botón SOS que pode permitir coñecer ao momento se o usuario precisa axuda, así como tamén a localización na que se atopa.

A oferta inclúe tanto o tracker como o servizo durante un ano (valorado todo en 63,90 €), e unha vez rematado o período de promoción pódese seguir co servizo por 2 euros ao mes. Pódese pedir até o 10 de xaneiro, tendo que activarse antes do día 25 de xaneiro. Porén, hai unha limitación de 33.000 unidades.

Sobre o autor

Reply