Fíltrase o OnePlus 8 Lite

Ningunha marca é allea ás filtracións, e unha das últimas en sufrir un descubrimento prematuro dun dos seus dispositivos foi OnePlus. A compañía vén de ver como o seu OnePlus 8 Lite fixo a súa aparición pública coa filtración das imaxes de prensa.

Trátase do modelo máis económico da serie anual de OnePlus, que completan o OnePlus 8 e o OnePlus 8 Pro, dous modelos superiores. Comparten o mesmo frontal, con marcos reducidos e un oco para a cámara dianteira, aínda que iso si sen que a pantalla teña curvatura.

Espérase que o tamaño desta pantalla sexa de 6,4 polgadas, co sensor de pegadas dixitais integrado na mesma. Se nos vamos para o lado de atrás veremos que se reduce o número de cámaras con respecto aos “irmáns maiores”, e na parte de abaixo temos o USB – C. Destaca tamén que non ten jack de audio 3.5 para auriculares, algo que comeza a ser o máis normal.

Haberá que esperar a que a compañía anuncie o trebello oficialmente para que poidamos coñecer toda a súa folla de especificacións e tamén – e non menos importante – o seu prezo para vare como queda fronte á competencia.

Sobre o autor

Reply