Hoxe queremos falarvos dun aparello un tanto singular, o tradutor Vasco Mini 2, de Vasco Electrónics. Trátase dun aparello compacto pensado para varrer co barreira idiomática nas nosas viaxes ou en conversas entre persoas que falan diferentes idiomas.
O trebello é capaz de traducir máis de 50 idiomas de forma rápida e precisa. Dispón dunha tarxeta SIM internacional incorporada que permite o seu uso en calquera parte do mundo, de forma gratuíta e ilimitada de por vida, sen ter que ter medo polos altos custos do roaming.

O seu funcionamento é moi sinxelo, pois basta con falarlle ao dispositvo para que este detecte que o idioma e traduza empregando un sistema de cinco motores de tradución que ofrece unha precisión do 96%.
Entre os idiomas dos que dispón está o galego, o catalán, o euskera, o español, o inglés, o francés ou o chinés., entre outras. De feito, os seus creadores poñen en valor as súas capacidades de uso para comunicarse con persoas dos territorios asiáticos.
Se estades pensando en facervos cun para vós ou para agasallar, este ten un prezo duns 250 euros, podéndose mercar a través de diferentes plataformas, como Amazon ou páxinas especializadas.