Todo sobre o Xiaomi Mi Note 10 Pro

Xiaomi non quixo deixar a oportunidade de pechar o ano co anuncio da chegada ao noso país do Xiaomi Mi 10 Pro, un modelo premium cun prezo bastante axustado no que se aposta principalmente pola fotografía.

O dispositivo conta cun total de cinco obxectivos diferentes na parte traseira, que permiten unha mellor experiencia zoom desde 0,5x a 50x sen comprometer a calidade da imaxe. En concreto son os seguintes:

  • Un gran angular de 108 Mpx.
  • Un teleobxectivo de 5 Mpx.
  • Un segundo teleobxectivo de 12 Mpx.
  • Un ultra gran angular de 20 Mpx con campo de visión de 117 graos.
  • Un obxectivo macro de 2 Mpx.

Do outro lado, na parte frontal temos unha cámara de 32 Mpx Super Píxel con apertura f/2.0 e diferentes opcións de intelixencia artificial e panorámica.

A súa pantalla é un panel AMOLED curvo de 6,47 polgadas con 600 nits de brillo e protección Corning Gorilla Glass 5. No interior temos un procesdor Qualcomm Snapdragon 730G – de oito núcleos a 2,2 GHz e fabricación en 8 nm – xunto con 8 GB de memoria RAM e 256 GB de memoria interna. A súa batería é de 5260 mAh con carga rápida de 30W, e tamén dispón de USB-C, jack de audio de 3.5 mm e NFC.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Xiaomi Mi Note 10 Pro xa se pode adquirir nunha configuración de 8 GB de RAM e 256 GB de memoria interna por 649 euros.

Está dispoñíbel na tenda en liña mi.com, nas Mi Stores, Amazon e FNAC, puidéndose mercar en negro medianoite e verde aurora.

Sobre o autor

Reply