Levaban tempo acaparando titulares e filtracións e agora, por fin, Samsung fixo oficial os dous novos dispositivos das series S e Note. Trátase das versións “Lite” dos S10 e Note10, os dous modelos de referencia do fabricante surcoreano do ano pasado.
Samsung Galaxy S10 Lite
O novo Samsung Galaxy S10 Lite é un dispositivo de gama alta que chega para competir no segmento dos 600 euros, cunhas características bastante interesantes un un coidado deseño.
A súa pantalla é un panel Dynamic AMOLED de 6,7 polgadas con ratio 19.5:9 e resulución FHD+ (2400 x 1080 píxeles). No seu interior alberga un procesado Qualcomm Snapdragon 855, xunto con 6/8 GB de RAM e 128 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 512 GB.

No que ten a ver coa fotografía, a cámara traseira está formada por tres sensores, un principal de 48 Mpx con OIS, un gran angular (123 graos) de 12 Mpx e un sensor macro de 5 Mpx. Pola contra, do lado frontal só temos unha cámara, de 32 Mpx con apertura f/2.2
Completando a lista de especificacións temos o conector USB-C con porto de carga de 45W, unha batería de 4500 mAh de capacidade un Android 10 con One UI como sistema operativo. Así mesmo, tamén dispón de outras características como lector de pegadas dixitais sobre a pantalla e NFC.
En canto á súa dispoñibilidade, está previsto que chegue ao mercado nas próximas semanas por un prezo entre os 600 e 700 euros, podéndose mercar en varia cores (branco, negro e azul).
Samsung Galaxy Note10 Lite
Por outro lado temos o Samsung Galaxy Note10 Lite, que como o seu propio nome indica é a versión “light” do Note10. A principal diferenza no S10 Lite é a presenza do lapis S-Pen, mais como veremos non é a única.
O novo Note10 Lite leva tamén unha pantalla Dynamic AMOLED con resolución FHD+ (2400 x 1080 p) e ratio 19.5:9, así como os 6/8 GB de RAM e 128 GB de almacenaxe interna ampliábeis por microSD de até 512 GB. Porén, o procesador é neste caso de fabricación propia, concretamente o Exynos 9810.

Se falamos das cámaras temos a mesma cámara frontal, un sensor de 32 Mpx con f/2.2, mais a combinación de triple cámara traseira é diferenza, estando formada por unha principal con OIS de 12 Mpx, un gran angular de 12 Mpx e un telefoto x2 de 12 Mpx.
A batería fica nos 4500 mAh de capacidade, con carga rápida de 45 W e conector USB-C. Tamén leva o sensor de pegadas baixo a pantalla e NFC no seu interior.
Como xa comentamos, a principal diferenza entre ambos modelos é a presenza do S-Pen, que permite ter acceso a todas as aplicacións e funcións que xa conocemos do Note10.
Está previsto que chegue en varias cores (branco, negro, vermello….) nun tramo de prezos que se sitúa entre os 600 e 700 euros.