Samsung anuncia unha nova unidade SSD portátil con lector de pegadas dixitais

Protexer os nosos datos é cada vez máis importante nun mundo completamente dixital, e se ben é certo que isto é algo que temos asumido cando falamos de almacenaxe na nube, son moitas as persoas que manteñen os seus discos duros físicos sen protexer.

Aproveitando a súa precensa no CES de Las Vegas, Samsung anunciou unha nova unidade SSD de peto pertecente á serie T, a Portable SSD T7 Touch, cuxa principal novidade é que incorpora un lector de pegadas dixitais como capa adicional de seguridade.

Cun peso de apenas 58 gramos e un tamaño semellante a unha tarxeta de débito, a nova memoria SSD está fabricada en titanio e ten outra importante característica: é capaz de soportar caídas de até 2 metros de altura.

As súas velocidades, grazas á incorporación da interface USB-C 3.2 Gen 2, son de até 1050 MB/s en escritura e até 1000 MB/s en lectura, polo que resulta obvio que é ideal para facer copias de seguridade en pouco tempo.

A nova Samsung Portable SSD T7 Touch chegará ao mercado no segundo trimestre do ano en tres capacidades, 500 GB, 1 TB e 2 TB; os seus prezos, en dólares, sitúanse nos 129,99, 229,99 e 399,99 respectivamente, e non sería descabelado que se fixera unha conversión a euros 1 = 1.

Sobre o autor

Reply