Fíltrase o Xperia 5 Plus, o enésimo intento de Sony por sobrevivir no sector da telefonía móbil

O sector da telefonía móbil é complicado e está cheo de competidores, polo que exixe unha actualización e mellora constante, así como ofrecer algo diferente. Iso foi precisamente o que non fixo Sony nos últimos anos, nos que se adicaron a presentar produtos de alto custe sen nada que chamase a atención para ser quen de remontar esas cifras negativas que acumulan desde hai tempo.

A pouco máis dun mes de que chegue o Mobile World Congress, ao fabricante vénselle de filtrar o Sony Xperia 5 Plus, unha nova versión do seu buque insignia que sería pretentado precisamente no evento que terá lugar en Barcelona.

Máis unha vez, Sony aposta por pantallas 21:9 CinemaWide, un formato alongado típico de cinema que permite disfrutar precisamente dos contidos multimedia cunha mellor experiencia. Trataríase dun panel de 6,6 polgaadas OLED, sen notch nin cella, é dicir, 100% para o consumo das usuarias.

No apartado de cámaras atopámonos cunha configuración triple con ToF, un sensor para captar a profundidade que cada vez é máis habitual na industria do móbil. O sensor de pegadas dixitais, pola súa parte, ficaría nun dos laterais, que agora estrean unha liña de deseño máis plana e rectangular.

Haberá que ver que características decidiu Sony meter no interior do dispositivo para descubrir se paga a apena dentro do gran abano de modelos dispoñíbeis no mercado.

Sobre o autor

Reply