O Xiaomi Mi A3 actualizará a mediados de febreiro, un mes despois do Mi A2

Chama a atención que unha compañía actualice antes un terminal “do ano pasado” que deste, mais iso é o que vén de pasar co Xiaomi Mi A3. As usuarias do último modelo Android One de Xiaomi veñen de ver como as que teñen un Mi A2 recibiron antes Android 10.

Van tres xeracións dos modelos Android One de Xiaomi, terminais nos que a compañía apostou por empregar esa opción de Google con Android puro, sen personalizacións dos fabricantes, e cun compromiso adquirido de actualizar ás últimas versións durante, como mínimo, dous anos.

O último deles, o Xiaomi Mi A3, foi presentado en xullo do ano pasado, e malia iso, non é o primeiro dos dispositivos Android One do fabricante en ofrecer a actualización de Android 10: esta mesma semana o Mi A2 recibiu a actualización, o que subscitou algo de malestar entre as usuarias.

Xiaomi saíu ao paso das críticas e comentarios, confirmando a través das súas redes sociais que a actualización chegará na metade do mes de febreiro, con todas as novidades que incorpora a última versión do sistema operativo de Google.

Sobre o autor

Reply